Eva Feijóo Vázquez
Quén son eu?
Chámome Eva, son muller do rural, son nai, son filla, son un ser que crea vínculos entre arte e natureza.
A miña vida é o resultado da unión entre a cultura da miña terra meiga galega e desas terras polas que andiven. Son filla do río Miño e das súas augas nas que deixo ir o que xa non me pertence, o que xa non me define. Son a deconstrucción dos patróns que aprendín.
Renovarse e vivir como modo de vida. Son obrera da construcción da miña casa dende hai catro anos, aprendo facendo, fago aprendendo.
Ando a restaurar unha casa vella e a vez restaurarme a mín mesma.
Con quén traballo?
Os meus diplomas e a miña experiencia vital e profesional permítenme traballar con todos os sectores da poboación.
Escolas de infantil e primaria, institutos de secundaria, asociacións de pais/nais AMPAS, asociacións de veciños, asociacións de educación ambiental, asociacións de scouts, residencias de mayores públicas e privadas.
A permacultura é a miña filosofía de vida
Disfruto facendo uso dos recursos que teño, coidando o meu entorno incluíndo a terra e as persoas.
Transmitir valores humanos de apoio mútuo, tecer redes sólidas e saudables.Crear espazos comestibles, porque penso que comer é a primeira mediciña e cultivar a nosa comida é un acto de reveldía contra o sistema enfermo do capitalismo.
CONTACTO EVA:
Tel. 627.21.55.90
lescoursdeva@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario