Obradoiro Horta Social e Terapéutica

O meu desexo é inspirar e motivar as persoas a optar por unha vida máis saudable e en maior conexión coa natureza.

As hortas en permacultura son unha boa ferramenta para trasmitir valores educativos e ambientais as persoas en risco de exclusión social e ao mesmo tempo producir e consumir alimentos sans. A horta é un espazo social para a reinserción social e a convivencia.



TEMARIO

  • Qué é a Permacultura.
  • Diferenza entre Permacultura e Agricultura.
  • A situación Actual: Problemática actual dos cultivos tradicionais.
  • Cultivos orgánicos e consumo local.
  • Deseño da horta: Cómo comezo a miña horta, cales son os elementos da horta e as relacións entre eles e qué debo ter en conta ao momento de construíla.
  • Sementes: Ensinaremos a importancia das sementes orgánicas. Recoñeceremos as sementes e aprenderemos cómo producilas, gardalas e cando sementalas.
  • Preparación do terreo. As participantes aprenderán cómo preparar o solo e aplicaremos a gran sabiduría da natureza:
  1. Construcción dunha horta e técnicas de Cultivo: Construiremos unha horta con vexetais de tempada e aprenderemos dos seus coidados.
  2. Distribución do cultivo: Distancias entre os cultivos e asociacións entre eles.
  3. Abonos Orgánicos: Aprenderemos a facer un compost. Cómo aplicalo e os seus beneficios.
  4. Evitar as plagas: Aprenderemos a evitar as plagas cunha nova visión destas.

METODOLOGÍA

  • Toma de contacto e conceptos básicos da Permacultura. (Teórico)
  • Escoitar os desexos das participantes: Proponse unha “mesa redonda informal” para coñecernos e escoitar as expectativas. 
  • Principios base da Permacultura. Apoio en imaxes.
  • Faremos un deseño previo da nosa horta. Explicación da división do terreo.
  • Sementes. Un pouco de teoría acompañada de sementes reais. Coñecer as sementes que utilizaremos na nosa horta.
  • Explicación teórica da preparación do terreo: Limpeza e recollida de lixo e materia orgánica que nos servirá posteriormente na construcción da nosa composta.
  • Preparación do terreo.
  • Limpeza, preparación e fertilización do terreo.
  • Construcción e plantación nos bancais.
  • Construcción dun composteiro.
 

OBXETIVOS

  • Transformar o lugar  nun espazo educativo, onde as persoas fomenten valores e coñecementos para coexistir armónicamente co medioambente.
  • Desenrolar habilidades sociais que nos permitan relacionarnos e convivir cos demáis dende o respeto.
  • Responsabilizarse na toma de decisións e no traballo en equipo.
  • Reforzar competencias sociais como a empatía, as normas e a tolerancia.
  • Crear un espacio multifuncional (carácter social, lúdico, educativo, laboral e terapéutico) donde a actividade productiva poida coexistir.


CONTACTO EVA:
Tel. 627.21.55.90
lescoursdeva@gmail.com

Galería de imaxes: 








































































































Comentarios

Publicacións populares deste blog

Obradoiro esculturas papel reciclado


    Son Eva Feijóo

    Desde hai anos dedícome á transmisión de valores relacionados co coidado do noso entorno creando espazos comestibles e vínculos entre arte e natureza.
    Son Animadora de Educación Ambiental, Animadora de Ocio e Tempo Libre e Formadora en Agroecoloxía.