Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2022

Obradoiro Horta Social e Terapéutica

Imaxe
O meu desexo é inspirar e motivar as persoas a optar por unha vida máis saudable e en maior conexión coa natureza. As hortas en permacultura son unha boa ferramenta para trasmitir valores educativos e ambientais as persoas en risco de exclusión social e ao mesmo tempo producir e consumir alimentos sans. A horta é un espazo social para a reinserción social e a convivencia. TEMARIO Qué é a Permacultura. Diferenza entre Permacultura e Agricultura. A situación Actual: Problemática actual dos cultivos tradicionais. Cultivos orgánicos e consumo local. Deseño da horta: Cómo comezo a miña horta, cales son os elementos da horta e as relacións entre eles e qué debo ter en conta ao momento de construíla. Sementes: Ensinaremos a importancia das sementes orgánicas. Recoñeceremos as sementes e aprenderemos cómo producilas, gardalas e cando sementalas. Preparación do terreo. As participantes aprenderán cómo preparar o solo e aplicaremos a gran sabiduría da natureza: Construcción dunha horta e técnica...

    Son Eva Feijóo

    Desde hai anos dedícome á transmisión de valores relacionados co coidado do noso entorno creando espazos comestibles e vínculos entre arte e natureza.
    Son Animadora de Educación Ambiental, Animadora de Ocio e Tempo Libre e Formadora en Agroecoloxía.